.png)

Os traballos de localización da obra de Ernesto Goday permitiron definir o alcance que tivo a nivel internacional. As numerosas exposicións, a participación nos Salones de Otoño e nas Exposiciones Nacionales de Bellas Artes celebradas en Madrid, proxectaron a súa obra, tanto na súa terra como no exterior. Asi mesmo, no seu pobo O Grove, chegando o estío, as exposicións no Gran Hotel de A Toxa e na Casa-Estudio, marcaron unha parada obrigada para os visitantes e habitantes mecos que cada verán durante trinta anos asistiron ao encontro das mariñas e mariñeiros inmortalizados nos lenzos.
​
​
​
​
Pulsa no icono para comezar a travesía

ANTES DE COMEZAR
Os puntos de localización son aproximados e baixo nengún caso corresponden coa ubicación real das obras. Os datos reais fan referencia as cidades ou pobos nos que se atopan, sinalando aleatoriamente os puntos de localización.